Thursday 16 de May de 2024

A Escola Municipal de Música celebra o fin de curso cun festival na Casa da Cultura


Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música celebraron o seu festival de fin de curso. O numeroso público que acudiu ao dito espectáculo encheu a Casa da Cultura para desfrutar dunha mañá do máis musical. Todo isto grazas ao traballo levado a cabo polo profesorado e, sobre todo, polo esorzo dos arredor de 100 alumnos e alumnas de distintas idades que formaron parte do espectáculo, no que puxeron de manifesto todo o aprendido ata o día de hoxe. Non faltaron pezas do grupo de música e movemento, pezas de coral e combo-rock, percusión guitarras, ademais da actuación da Big Band da escola da Banda Xuvenil. Entre os asistentes estivo tamén Xosé Manuel Mira, concelleiro de Cultura.